Deportes

Presentado en Curtis o Campionato Estatal de Balonmán en Cadeira de Rodas

Redacción 1 min de lectura

Campionato Estatal de Balonmán en Cadeira de Rodas
Campionato Estatal de Balonmán en Cadeira de Rodas

Esta mañá tivo lugar no Salón de Actos do Recinto Feiral de Curtis a presentación oficial do Campionato Estatal de Balonmán en Cadeira de Rodas, que se celebrará mañá no Pavillón Municipal. No acto participaron diversas autoridades e representantes do balonmán galego, pechando o evento Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán, quen destacou a importancia da cita.

O campionato contará coa participación de Inclubasket A Coruña, CB Parla BMSR e Inclusport Serban. Ademais dos partidos, haberá exhibicións de ximnasia artística, patinaxe e baile.

Galicia reafirma así o seu compromiso coa inclusión e o crecemento do balonmán en cadeira de rodas, consolidando esta disciplina no deporte galego.