A Carballeira de Ribadumia acollerá o próximo sábado 30 de agosto, a tradicional XXX Xuntanza dos Maiores, unha cita que cada ano reúne centos de veciños nun ambiente festivo e de convivencia.
As persoas interesadas xa poden formalizar a súa inscrición nos Servizos Sociais do Concello de Ribadumia ata o día 27 de agosto. O custo da participación será de 10 euros para persoas empadroadas e de 30 euros para quen non figure no padrón municipal.
