Barbadás se prepara para una Cavernícola Race con récord de inscritos

Cavernícola Race Barbadás
Cavernícola Race Barbadás

Barbadás quenta motores para a Cavernícola Race Mapfre, unha das citas deportivas máis emblemáticas do municipio. A carreira OCR, organizada polo Concello de Barbadás e o Servizo Municipal de Deportes, bate récord de participación nesta sétima edición, para a que aínda hai prazas dispoñibles. O próximo 9 de maio, máis de 500 deportistas se darán cita na Valenzá para desfrutar da proba, que combina forza, velocidade e resistencia nun entorno natural único.

“Trátase dunha carreira xa asentada no calendario das OCR na provincia, é unha das que ten máis participantes e maior prestixio”, asegurou esta mañá o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, na presentación oficial. O rexedor destacou o aumento da participación de persoas doutras zonas de España: “Hai moitos deportistas que veñen de fóra da provincia e de Galicia, e incluso xente de Portugal”. 

Neste sentido, puxo en valor o “gran traballo” realizado polo persoal do Servizo Municipal de Deportes, encabezado polo coordinador Diego López, e polo Cavernícola OCR Team, liderado por Miguel Soto. “Agora mesmo, a Cavernícola participa en tres ligas, a AOCO a nivel nacional, a Liga do Norte de España, e a Aurum Terrae de Ourense, impulsada pola Deputación”, detallou Diego López. 

Ademais da participación en tres ligas, a sétima edición da Cavernícola conta con novos obstáculos así como cunha nova categoría pensada para os máis pequenos. “Este ano temos a Cavernícola Kids, que se celebrará o 17 de maio, e que xa está ao 50% de inscricións”, apuntou Miguel Soto. 

O alcalde tamén destacou a importancia da colaboración das institucións e empresas privadas, que fan posible que a carreira evolucione cada ano. “Quero dar o agradecemento a Mapfre, Xunta, Deputación, Maquinor e o resto das empresas que colaboran”, resaltou. 

Manuel Pérez, xefe do Servizo Provincial de Deportes de Ourense, convidou á poboación a participar na proba, que calificou de “auténtico espectáculo”. Pola súa parte, Diego Enrique Álvarez, asesor de Política Deportiva da Deputación, sinalou a recente creación da liga Aurum Terrae, “unha aposta conxunta” para que a Cavernícola de Barbadás, a Uros Race de Toén e a Revolta Irmandiña de Verín teñan unha maior repercusión. 

A presentación tamén contou coa participación de Ana Fernández, directora da oficina Mapfre de Ourense; Joaquín Rodríguez, delegado de Mapfre na Valenzá, e Victor Bernárdez, de Maquinor. 

As inscricións aínda están abertas para as catro categorías (elite, starter, popular e kids) a través da páxina web Sportmaniacs. O custe é de 35 euros para adultos e 5 euros para nenos.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad