Más de 200 ciclistas participarán en la V Ribeira Sacra Cycling Road organizada por el Inorde

Presentación de la Ribeira Sacra Cycling Road
Presentación de la Ribeira Sacra Cycling Road

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, levará á Ribeira Sacra a máis de 200 deportistas chegados de oito provincias españolas e do norte de Portugal, ademais das catro provincia galegas, na V edición da Cycling Road.

O evento deportivo, que conta co apoio de Turismo de Galicia, celebrarase o vindeiro domingo, 21 de setembro, ofrecendo aos participantes dous posibles percorridos: o gran fondo de 120 km con 2800 de desnivel positivos, e o medio fondo de 75 km cun desnivel de 1600 positivo.

Esta proba está consolidade como «unha das citas imprescindibles do cicloturismo en Galicia», salientou hoxe na presentación do acto o presidente do Inorde, quen lembrou que se trata dunha «experiencia ciclista auténtica que mestura a esixencia deportiva con paisaxes icónicas e singulares como as que ofrece a Ribeira Sacra».

Ademais, este ano, en solidariedade coa provincia de Ourense pola situación de emerxencia acontecida este verán, doarase unha árbore autóctona por cada inscrito para que sexa plantada nos concellos da Ribeira Sacra afectados polos incendios forestais.

Con esta iniciativa, os inscritos non só se aseguran participar nesta «espectacular proba», senón tamén «colaborar coa recuperación do patrimonio natural e rexeneración dos montes da nosa provincia», salientou Rosendo Fernández.

Cicloturismo por seis concellos ourensáns

A saída e a chegada da proba será en Luíntra, no Concello de Nogueira de Ramuín. Ambos percorridos transcorren por estradas abertas ao tráfico, dos concellos polos que pasa que son os seguintes: O Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, A Teixeira e Parada de Sil.

Con carácter non competitivo, a Ribeira Sacra Cycling Road incluirá novamente un tramo cronometrado libre para aqueles que desexen poñerse a proba. Os interesados en participar poderán inscribirse a través de deporteticket.com.

A presentación tivo lugar hoxe en San Pedro de Rocas, acto no que participou ademais do presidente do Inorde, Rosendo Fernández; representantes institucionais dos concellos polos que transcorre a proba; representantes da Xunta de Galicia e de Tráfico da Garda Civil; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; e o director técnico da proba, Serafín Martínez.

Pin It on Pinterest

Scroll al inicio
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad