
A Deputación de Ourense reforza a presenza da provincia na 26ª edición de Xantar, o gran encontro internacional de turismo gastronómico que cada ano enche Expourense de propostas e sabores.
Na apertura, a vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, lembrou a aposta polo sector primario e pola marca «Ourense enogastronómica», que volverá «a exhibirse no mellor escaparate posible que é Xantar». Tamén subliñou que esta edición «non só pon de relevo que estamos ante un clásico…», senón que o recinto se transforma nun verdadeiro templo do gusto.
Xunto ao Inorde, a Deputación presentará actividades, xeodestinos e un stand específico da Vía da Prata, ademais do novo espazo de Cantoña, onde se venderán os primeiros produtos elaborados alí.
O 23 de novembro pechará o programa a iniciativa “O mercado en rural co porco celta”, coa cociña en directo do chef Martín Fernández.








